Páginas

10 noviembre 2017

Proxecto: Tempo e Clima

Xa estamos en plena elaboración do proxecto sobre o tempo e o clima. Xa realizado o primeiro paso que é a busca de información para a cal, seguindo o CANVAS contamos con moita axuda das familias, agora nos atopamos nunha segunda fase na que xa na aula, cada grupo de alumnos vai configurando o seu propio proxecto. Dá gusto ver o entusiasmo dos rapaces cos proxectos, a cooperación entre os membros do grupo, ou material que trouxeron das súas casas. O obxectivo do proxecto, ademais das aprendizaxes curriculares neste caso sobre o tempo e o clima, son a cooperación, o desempeño de roles de grupo, a creatividade, a expresión oral nas exposicións, a maquetación, o coidado e organización do material, a responsabilidade e o goce de sacar adiante un proxecto conxuntamente coa axuda dos pais e profesores. Despois do proxecto das plantas e agora do tempo e clima seguiremos afondando nesta aprendizaxe baseada en proxectos. 






 




 


 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario