Páginas

04 noviembre 2017

Samaín, Halloween , Concurso de Cabazas e Magosto

Esta semana pasada estivo chea de celebracións e festas. 💥🎉

Primeiro coas profes de inglés traballamos o" trick or treat"(Truco o trato) e a famosa festa de Halloween e os compañeiros de 4º de primaria disfrazados viñan pedindo lambonadas ás clases de 3º de Primaria.👻👽💀

Despois na clase de galego tamén aprendimos unha  chea de palabras e curiosidades relacionadas con este tempo de Samaín, o día de Difuntos ,día de todos os Santos....🌼🌼🌼🌼🌼🌼🌼🌼🌼

Como xa sabedes houbo o consurso de cabazas decoradas e sen decorar, e non o vades crer!dous dos premios das cabazas sen decorar foron para Terceiro de Primaria! Os afortunados foron Anxo Castieñeiras de 3º A e Lara Carro 3º B e un premio das decoradas para Darío Campos, tamén de 3º B
🍊🍑Noraboa rapaces!

Como  broche final tivemos o Magosto. Aínda que parecía que ía chover o tempo portouse ben  e poidemos comer moitas castañas e beber refrescos.Para rematar fixemos xogos no patio e disfrutamos dunha xornada estupenda.🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰

Moitas grazas á Asociación de  Nais e Pais  pola súa colaboración,sin eles non sería posible.💜

Aquí deixamos unhas fotiños que esperamos que vos gusten.😊
e tamén unha curta reportaxe da televisión de Galicia que veu ao noso cole a gravar!




 

 


 

 







No hay comentarios:

Publicar un comentario