Hábitos saudables: Visita dunha farmacéutica


Con motivo do proxecto sobre Hábitos Saudables que están realizando os alumnos de cuarto, recibimos a visita de Susana Bamonde, familiar dunha alumna e farmacéutica de profesión.


 Na súa exposición realizada na ampla biblioteca do centro, Susana abordou diferentes aspectos como son a alimentación, a importancia de ler as etiquetas das cousas que mercamos, a hixene, o respecto á natureza, protexerxe do sol, "desconectar" da tecnoloxía para conectar co tempo en familia, coidar o material, sentarse ben, ler moito ou respectar as normas de seguridade. Durante a exposición os alumnos fixeron preguntas que Susana respondeu axeitadamente para que os alumnos aumentaran as súas aprendedizaxes. Agradecer a súa presenza e o seu esforzo para estar hoxe con todos nós. Foi un pracer. 











Comentarios