PREMIOS!!!!

O alumno Hugo González Gómez de 4º de Educación Primaria, resultou ser gañador do concurso de relatos curtos que convoca o Ateneo Santa Cecilia de Marín con motivo das Letras Galegas. O acto de entrega do premio terá lugar o vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, ás 12:00h. A este acto poden asistir aqueles que desexen acompañar a Hugo nun día extraordinario. 

Anteriormente Antonio Colmenero, de 4º de Educación Primaria, tamén resultara premiado no concurso de relatos de Nadal do Ateneo. 

A estes premios de literatura, engádeselle o premio de debuxo acadado por Lucía Cortegoso no mes de novembro.

Aproveitamos para felicitar os alumnos de 3º polo recente premio de curtametraxe recibido na localidade de Boiro polo seu traballo Mareas Vivas de Lourizán. 

Parabéns aos gañadores e parabéns principalmente a todos os que participaron nestes certames que sempre estimulan para seguir traballando. 







Comentarios