Traballamos o tempo e o diñeiro

A escola, ademais de coñecementos, pretende ser unha preparación para a vida, para o mundo que lle agarda fóra dela a cada almn@. É por iso que na aula estamos facendo simulacións de ir de compras: saber pagar, saber dar unha volta, consumir con responsabilidade, saber xestionar os cartos e coñecer cada unha das moedas e billetes. Velaí alguna foto do traballo feito na aula polos alumnos. 







Comentarios