Nova visita aos alumnos de 4º de primaria.


Seguimos co proxecto dos xogos olímpicos, o corpo, a saúde... e seguimos tamén coas visitas. Neste caso veunos da man de Sara, familiar dunha alumna e traballadora dun centro de saúde como médica. Sara deixounos unha brillante exposición sobre os hábitos saudábeis que enriqueceu aos alumnos e proporcionoulles ferramentas para combater os malos hábitos. Tamén soubemos sobre os horarios laborais e o rol que desenvolve unha médica detro do centro de saúde no que traballa. Información, concienciación e prevención son as tres palabras coas que definimos esta charla. Para rematar os alumnos puideron facer diferentes preguntas que prepararon o día anterior atendendo aos contidos do proxecto. Agradecer a Sara a súa xenerosa participación que supón un verdadeiro luxo para os alumnos de 4º. 

Comentarios