Visita de Raquel e "don Huesitos".

Hai algunha maneira mellor de aprender a composición do aparato locomotor e o seu funcionamento que ter diante varios esqueletos enormes acompañados dunha profesional como Raquel? 
Pois iso pasou hoxe na aula de 4º de Educación Primaria. Raquel que é familiar dunha alumna veu a "ilustrar" o corpo e e a súa complexa composición; en concreto falounos do  funcionamento dos ósos, músculos e articulacións. Non veu soa, con ela viñeron dous enormes esqueletos que os alumnos puideron manipular e situar dentro da estructura. Ademais da charla que ben serviu para reforzar os coñecementos do proxecto actual que están traballando os alumnos, tamén fixo dinámicas de grupos con diferentes partes do corpo. Todo isto acompañado de decenas de consellos para o seu coidado. Os nenos tamén puxeron nome ao esqueleto: "don huesitos", tras unha difícil elección. Finalmente rematouse cunha rolda de preguntas nun día máis diferente para a nosa aula.  Agradecer a Raquel a súa predisposición e xenerosidade.  







Comentarios